TARIFA DE LUZ FE ENERGÍA

Coa nosa tarifa eléctrica, terás a enerxía a prezo de custo (o mesmo ao que nós a adquirimos no mercado maiorista, sen marxe comercial para nós).

Como sucede en todas as comercializadoras eléctricas, na nosa factura de luz tamén se inclúen os conceptos oficiais comúns a todo consumo deste tipo, como son o custo do contador, o imposto eléctrico, o IVE…

E pensarás, se a enerxía é a prezo de custo, cal é o beneficio de FE Energía? A resposta é simple. Cobramos un pequeno custo de xestión, que é o que nos permite facer fronte aos nosos custos de persoal, informáticos, de xestión…

O noso Custo de Xestión é de só 3 € ao mes para unha potencia contratada de ata 15 kW e un consumo eléctrico anual de ata 12.000 kWh, que é o que realizan a maior parte de domicilios e pequenas empresas.

Se tes ata 15 kW de potencia contratada, pero o teu consumo anual é superior a 12.000 kWh, o noso Custo de Xestión é:

  • Consumo ata 24.000 kWh/ano: 7 € ao mes.
  • Consumo ata 48.000 kWh/ano: 12 € ao mes.

Ao ter a enerxía ao mellor prezo pódese conseguir ata un 18% de aforro nas facturas de luz.

REGALÁMOSCHE 100 KWH DE ENERXÍA CADA ANO

Como oferta de benvida a FE Energía, si contratas agora tenrás 100 kWh de enerxía gratis na túa primeira factura de luz e cada ano que sigas asegurado/a.

 

*Estas condicións son válidas para o primeiro semestre de 2022.

Comparte: