A nosa tarifa de gas
TARIFA DE GAS FE ENERGÍA
A tarifa de gas natural de FE Energía é distinta ás que atoparás en outras compañías.
Seguindo o modelo da nosa tarifa de luz, tamén ofrecemos unha tarifa coa enerxía a prezo de custo para as subministracións de gas. De este modo, podes ter o gas ao prezo do mercado maiorista por só 3 €/mes de xestión.
Na nosa factura de gas inclúese:
O TERMO FIXO MÁIS BARATO
(Probablemente o mellor do mercado)
ASEQUIBLE TERMO VARIABLE
PREZO DO GAS SEN MARXE
CUSTO DE XESTIÓN POR SÓ 3€/MES
Ademais, ten en conta que hai conceptos que sempre inclúe a túa factura e que non teñen que ver coa tu compañía comercializadora: o Imposto sobre o Valor Engadido (IVE) e o imposto sobre os hidrocarburos (0,00234€/kWh).
Segundo o volumen de gas que empregues,correspóndeche unha destas dúas tarifas:
Tarifa gas RL.1
Se na túa vivienda só empregas o gas para cociñar e quentar agua, a tarifa que che corresponde é a RL.1. É a máis barata para un consumo anual inferior a 5.000 kWh.
Tarifa gas RL.2
Se tes calefacción de gas, esta será xeralmente a tarifa máis adecuada para ti. A tarifa de gas RL.2 é a que corresponde a vivendas ou empresas nas que se realiza un consumo anual superior aos 5.000 kWh e inferior a 15.000 kWh.
TRANSPARENCIA NAS FACTURAS
En FE Energía tratamos de aclarar ao máximo as nosas accións, de maneira que apostes por nós coa máxima tranquilidade. Por iso, tratamos de eleaborar facturas que sexan o máis sinxelas posible e, en caso de dúbida, sempre estamos á túa disposición para aclarar o que precises.