Logo Fe Energía

FE Seguros e XENERA Compañía Eléctrica poñen en marcha FE Energía. Trátase dunha proposta de aforro doméstico en luz e gas, exclusiva para as persoas que estean aseguradas con FE Seguros.

Con FE Energía, ademais de ter un prezo moi vantaxoso en luz e gas, ofrécense 100 kWh de enerxía gratis na primeira factura de luz e cada ano que continúes asegurado/a.

As pólizas de FE Seguros son na súa maioría familiares e, por iso, a compañía sempre busca o mellor para os fogares. O aforro doméstico das familias é primordial e é por iso que se levou a cabo FE Energía.