É un código único que serve para identificar o punto de subministración. Para entendernos, é como o DNI de cada vivenda ou local.

XENERA Compañía Eléctrica é a principal comercializadora de luz e gas 100% galega, con máis de 50.000 clientes en toda a península e preto de 125 anos de historia.

XENERA aposta polas enerxías renovables. Forma parte dun grupo que se dedica á xeración de enerxía eólica, hidráulica e fotovoltaica. Co cal, se produce enerxía verde para ao redor de 50.000 fogares, o que permite abastecer ao 100% dos nosos clientes.

Podes contratar os nosos servicios, sempre que esteas asegurado/a con FE Seguros e a túa vivenda ou local estea en España peninsular. Para iso, chama ao noso número de teléfono ou realiza a contratación ti mesmo nesta web. Non debería levar máis de 3 minutos.

Para facer un cambio de compañía de luz e/ou gas a FE Energía necesitarás ter a man unha factura recente da túa subministración, así como un recibo bancario. Deste xeito, terás acceso a tódolos datos necesarios a fin de contratar.

Non, non se corta a luz en ningún momento. É un dereito do consumidor elixir o comercializador que lle cobra a luz e, como tal, está protexido polas leis vixentes. É como na telefonía, podes cambiar de operador e a liña non se corta.

Claro que si. Se na túa vivenda  nunca houbo luz ou levas máis de 3 anos sen tela, o primeiro que tes que facer é abrir un expediente de acometida coa distribuidora de luz da túa zona.

Se hai menos de 3 anos que a vivenda está sen luz, só tes que chamar ao noso teléfono para que xestionemos a alta nova. Imos pedirche o código CUPS da túa vivenda.

Si, pero necesitas cambiarte primeiro a FE Energía. En canto esteas connosco, xa podemos facer tódolos cambios.

Nós facturamos exclusivamente a enerxía que realmente consumiches. Por lei, encárgase das lecturas de contador a distribuidora de luz e de gas da zona, que nola envía para que podamos emitir as facturas dos nosos clientes/as.

En caso de avaría eléctrica, o responsable da rede de cables é a compañía distribuidora da túa zona. Podes atopar o seu teléfono gratuíto aquí ou nas túas facturas.

Se contrataches o noso servizo de asistencia eléctrica e reparacións de electrodomésticos UnitElectric podes chamar ao teléfono 986 165 107 para comunicar unha avaría.