
Moitos usuarios non teñen claro se realmente compensa ou non ter unha tarifa de luz con discriminación horaria. Incluso, pola complexidade dos conceptos relacionados coa enerxía, hai quen descoñece a existencia deste tipo de tarifa.
Así que hoxe aclaramos en que consiste esta tarifa e para quen é aconsellable.
A tarifa de luz con discriminación horaria de dous períodos
Cunha tarifa SEN discriminación horaria págase a enerxía ao mesmo prezo durante as 24 horas do día, mentres que coa tarifa CON discriminación horaria o prezo dos kWh consumidos varía en función do momento do día en que se realiza o consumo.
Concretamente, divídese o día en dous períodos: o horario ou período punta (cun prezo do kWh máis elevado) e o horario ou período val (cun prezo realmente accesible).
Os horarios destes períodos varían lixeiramente en función da época do ano e son os mesmos para tódalas comercializadoras de electricidade:
- Período Val: desde as 22 ás 12 horas co horario de outono-inverno (a partir do cambio de hora da última fin de semana de outubro) e desde as 23 ás 13 horas en primavera-verán (desde o cambio de hora da última fin de semana de marzo). Este período abarca un total de 14 horas diarias.
- Período Punta: de 12 a 22 horas en outono-inverno e de 13 a 23 horas no horario de primavera-verán. É dicir, un total de 10 horas diarias.
HORAS PUNTA
(As máis caras) |
HORAS VAL
(As máis baratas) |
|
Primavera – verán | 13 – 23 | 23 – 13 |
Outono – inverno | 12 – 22 | 22 – 12 |
Un total de 10 horas ao día | Un total de 14 horas ao día |
Antigamente chamada tarifa nocturna, a tarifa con discriminación horaria pode ser unha forma de lograr un aforro significativo na factura da luz.
As tarifas con discriminación horaria 2.0DHA e 2.1DHA
Para subministracións cunha potencia contratada de menos de 10 kW, o nome “técnico” da tarifa de acceso con discriminación horaria é a 2.0DHA e para os que teñan entre 10 e 15 kW de potencia contratada, a tarifa de acceso con discriminación horaria denomínase 2.1DHA.
A discriminación horaria só é apropiada para os que non están na casa nas horas centrais do día??
A resposta é NON. É certo que, canto maior sexa o teu consumo no período val, máis notarás o aforro. Con todo, isto non significa que teñas que facer practicamente todo o consumo nesa franxa do día. Xeralmente non é necesario cambiar de forma drástica os hábitos de consumo para notar un aforro con esta tarifa.
Elixe a tarifa de luz con discriminación horaria se, polo menos, un 30% do teu consumo eléctrico prodúcese no período val.
Así pois, é posible que esta tarifa che compense sen necesidade de modificar os teus hábitos.
Se actualmente tes unha tarifa sen discriminación horaria (denominada 2.0A ou 2.1A) e che interesa cambiar, ten en conta que FE Energía non cobra por este cambio, pero si se repercute na factura o que cobra a empresa distribuidora: 9,04 € + IVE en concepto de adaptacións técnicas.
É un cambio que, polo xeral, está listo ao pasar entre 3 e 5 días hábiles.
Empresas. Discriminación horaria de tres períodos: Tarifa 3.0A
Esta tarifa é para as subministracións que superan os 15 kW de potencia contratada, polo que o máis habitual é que a contraten as empresas.
Divídese o día en tres períodos: punta, chan e val. O período punta consta de 4 horas ao día, que son as máis caras. O chan é o que máis horas abarca, 12 horas en total. Mentres que o período val inclúe 8 horas diarias. Tamén varían ao longo do ano, como podes ver na seguinte táboa:
HORAS PUNTA
(Só 4 horas/día) |
HORAS CHAN
(12 horas/día) |
HORAS VAL
(8 horas/día) |
|
Primavera-verán | 11-15 | 8-11
15-24 |
0-8 |
Outono-inverno | 18-22 | 8-18
22-24 |
0-8 |
Consellos para un maior aproveitamento da discriminación horaria en vivendas
O principal consello sobre a tarifa de discriminación horaria é que resulta apropiado concentrar o consumo eléctrico nas horas val, nas que a enerxía é moito máis barata. Ademais, convén ter en conta estes puntos:
- Emprega os principais electrodomésticos durante o período val. A maioría de lavadoras e lavalouzas modernos xa incorporan a opción de programar os lavados. Se non é o caso dos teus, tamén podes engadir temporizadores. Son económicos e evitarán que teñas que estar pendente do reloxo. Simplemente carga a lavadora ou lavalouzas como sempre e o temporizador fará o resto.
- Pon a cargar ao principio do día ou polas noites os electrodomésticos e os aparellos electrónicos.
- Pasa o ferro a varias pezas á vez e, se é posible, faino nas horas val. Por exemplo, pola mañá durante a fin de semana. Acender o ferro para unha soa peza de roupa é un auténtico desperdicio de enerxía.
- Durante a fin de semana, procura cociñar ao máximo pola mañá (antes de que remate o horario val), especialmente se vas utilizar o forno.
- Se es dos que come no traballo: aproveita o período val da fin de semana para preparar a comida de toda a semana. Se te habitúas resultarache práctico!.
- Ten coidado con o modo en repouso ou stand-by dalgúns electrodomésticos e dispositivos electrónicos. Para o aforro enerxético convén telo en conta, pero especialmente no período punta da tarifa con discriminación horaria.
Cóntanos, tes clara a tarifa que tes contratada? Tes dúbidas respecto á tarifa con discriminación horaria?