
O código CUPS permite identificar cada punto de subministración eléctrica ou de gas. Proporciónao a compañía distribuidora e nunca cambia. Se queres saber como é este código, onde podes localizalo e para que podes precisalo, segue lendo!
Como é un código CUPS
As siglas CUPS son as iniciais de Código Universal de Punto de Subministración. É un código único, que permite identificar un punto de subministración de enerxía (dunha vivenda ou negocio) en España. Para entendernos, é como o DNI da túa instalación de luz ou de gas natural. Comeza por ES, seguido doutros 18 ou 20 caracteres (que poden ser cifras ou letras).
Ademais, os CUPS de luz e gas son totalmente independentes. Se tes luz e gas contratados, a túa subministración de gas ten un código e a de luz outro diferente.
O CUPS é un código permanente e invariable: non cambia por máis que haxa cambios de compañía comercializadora ou de tarifa. Ademais, non é un número asociado ás persoas. Se cambias de casa, pasarás a ter outro código e o que tiñas antes seguirá identificando á anterior vivenda.
Onde atopar o código CUPS?
É obrigatorio que figure tanto nas túas facturas de luz como nas de gas.
No caso de que esteas a tratar de realizar unha alta nova de luz ou gas nunha vivenda ou local onde nunca houbo subministración de enerxía, como non tes ningunha factura, para saber cal é o teu código CUPS terás que solicitalo directamente á distribuidora de luz ou gas da túa zona.
Para que é preciso este código?
Este código serve para identificar unha subministración de enerxía ante compañías distribuidoras, comercializadoras, a administración pública…
Vas ter que facilitar o código CUPS para realizar xestións tan frecuentes como:
• Dar de alta a electricidade e o gas natural nunha vivenda ou local.
• Cambiar dunha compañía comercializadora de luz e/ou gas a outra.
• Modificar a potencia contratada de luz.
Aínda que para outras xestións non sexa imprescindible, sempre é bo telo a man. Pode axilizar algúns trámites.
Coméntanos, xa sabías que todas as vivendas e locais teñen un código CUPS e cal é a súa utilidade?