string(80) "https://feenergia.com/wp-content/uploads/2020/03/autoconsumo_placas_solares_.jpg"
Produto chave en man de XENERA para o autoconsumo
Contamos cun produto chave en man para encargarnos de tódolos pasos para o autoconsumo de enerxía eléctrica no teu fogar ou empresa.
Se queres que te chamemos para máis información ou formalizar un contrato de autoconsumo con XENERA, Apúntate aquí!
Que é o necesario para o autoconsumo en casa ou no teu negocio?
1. Explicámosche como é o sistema de compensación de enerxía coa túa instalación solar fotovoltaica
• Produción de enerxía.
• Consumo directo desde as placas.
• Consumo directo desde a rede habitual de distribución.
• Vertedura á rede e a súa compensación nas facturas de luz.
2. Realizamos unha estimación de custos e beneficios
Para iso, temos en conta a localización da vivenda ou local, as características da cuberta ou tellado (m2, inclinación, orientación…), a potencia contratada e o consumo de enerxía anual.
Con estes datos, elaboramos un estudo no que reflectimos o custo inicial da instalación, a baixada que suporá na factura, o tempo de recuperación do investimento e a rendibilidade con/sen financiamento.
3. Informámosche sobre o noso proceso para o autoconsumo e os prazos máximos
4. Un instalador experimentado visita a vivenda ou local e prepara un orzamento pechado |