QUE RECLAMACIÓNS PODEN RESOLVERSE MEDIANTE O SISTEMA ARBITRAL DE CONSUMO?
Poden someterse á arbitraxe os conflitos que xurdan por reclamacións expostas por consumidores ou persoas titulares dun contrato de subministración de electricidade, gas e outros produtos e servizos con FE Energía (de XENERA), nos seguintes casos:
– Se se tramitou xa unha reclamación ao servizo de atención ao cliente de FE Energía, e a resposta non satisfixo as expectativas do cliente ou se superou o prazo de 30 días para recibir resposta.
– Que a discrepancia sexa exclusivamente sobre asuntos de responsabilidade da empresa comercializadora: atención persoal, contratación, facturación e cobranza.
– Quedan expresamente EXCLUÍDOS os asuntos cuxa responsabilidade corresponde ás empresas distribuidoras: extensión de rede, concesión de accesos á rede, lectura de contadores, inspección, calidade de subministración (incluíndo a continuidade ou interrupción da subministración) e os posibles danos causados por incidencias na rede eléctrica, así como as cuestións que deriven de fraude da rede (incluíndo equipos de medida), tales como intervencións manuais, electrónicas ou de calquera tipo que se leven a cabo co fin de perturbar a correcta subministración.